A Xunta recortou en 35% o orzamento para políticas activas de emprego

Minguaron en 133 millóns de euros desde 2008.

 

As políticas activas de emprego da Xunta sufriron un recorte no seu orzamento de 35% desde 2008,  que supón 133 millóns de euros menos.

 

Así, para a función “Promoción do emprego e institucións do mercadode traballo” en 2008 orzamentábanse 379 millóns de euros. Baixando unha década despois a 246 millóns. Mentres que o orzamento total da Xunta cae nunha década en 7,2%, as partidas adicadas á Promoción do emprego e fan nun 35%.

 

O paro rexistrado nas oficinas de desemprego en xullo é de 163.412.  A taxa de cobertura por desemprego é do 51,7%, na Galiza fronte a 57,5% do resto do Estado.Fican fóra da protección 89.940 persoas, tendo en conta tanto os que teñen dereito a cobertura como os que non.