CENTOS DE PERSOAS RODEAN SAN CAETANO

"Feijóo, réndete, estás rodeado"

Cadea humana contra os recortes da Xunta en San Caetano

O Comité Intercentros da Xunta de Galiza, xunto cos Comités Provinciais e Xuntas de Persoal, convocaran unha mobilización d@s traballador@s da Administración Autonómica. Centos de persoas rodearon o edificio da Xunta.

Unha cadea humana conformada por centos de persoas rodearon o edificio administrativo de San Caetano. A mobilización convocouse para denunciar as amortizacións de postos de traballo, as privatizacións dos servizos públicos, o desmantelamento do servizo público de emprego, o peche de centros de menores e as eliminacións de unidades da dependencia, entre outras. "Feijóo, réndete,e stás rodeado" foi, con ironía, unha das palabras de orde dos participantes na mobilización, que decorreu no mesmo día en que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) acollía unha vista na que se aborda o conflicto colectivo presentado polos sindicatos contra unha norma doGoberno autonómico por considerala "inconstitucional".

O executivo autonómico deciddeu, sinalan @s concetrad@s, deslexitimar o convenio colectivo coa anulación de varios preceptos. O convenio regula as condicións laborais e "foi pactado libremente pola administración e os sindicados".