@s afectad@s polas preferentes maniféstanse en Vigo

Centos de persoas afectadas polas participacións preferentes de NovaGalicia Banco manifestáronse esta mañá en Vigo, convocadas pola paltaforma do Val Miñor. Podedes ver o vídeo de Gz Vídeos no interior.

Unhas 300 persoas protestaron esta mañá polas participacións preferentes, convocadas pola Plataforma de Vigo e a do Val Miñor. A marcha saíu da zona de Praza España sobre as 10.00, e transitou polas principais rúas da cidade, realizando paradas en lugares estratéxicos coma o edificio da Xunta, a sede do PP ou o centro financeiro de Vigo, no cruzamento de Urzaiz, Colón e Policarpo Sanz.

A concentración volve pór de manifesto o malestar d@s afectad@s e a súa esixencia de devolución dos aforros aos afectad@s, que poderían roldar as 100.000 familias galegas.