181 xenerais e altos comandantes do exército español na reserva piden “respecto para Franco”

Todos eles na reserva, asinan un manifesto titulado ‘Declaración de respecto e desagravio ao xeneral Francisco Franco Bahamonde, soldado de España’.

Un total de 181 altos mandos do exército español na reserva asinan un manifesto no que se demanda respecto para o ditador Francisco Franco. Xenerais, almirantes, coroneis, tenentes coronéis… o documento que publica Diario OK detalla con nomes e apelidos os asinantes do manifesto que leva por título ‘Declaración de respecto e desagravio ao xeneral Francisco Franco Bahamonde, soldado de España’.

 

O escrito e os apoios aparecen nun momento político no que o debate sobre a exhumación dos restos do ditador e a súa retirada do ‘Valle de los Caídos’ volve estar en primeira liña.

 

No documento hai una quincena de xenerais:  José Sierra Rabuenca, Luis Gomez-Hortigüela Amillo, Carlos Blond Álvarez del Manzano, Javier Bohorquez López- Lóriga, José Miguel Aldea Marín, Jesús Alfredo Ruiz Fernandez, Francisco Martínez Esparza Valiente, José Fernando Abos Coto, José María Sanchez de Toca y Catalá,  Enrique Cano de las Heras, Salvador Fontela Ballesta, Agustín Muñoz-Grandes Galilea, Juan Chicharro Ortega, Luis Casteleiro Villalba, Blas Piñar Lopez e Alberto Asarta Cuevas.

 

Argumentan estes mandos que asinan o manifestó porque “a homenaxe aos herois que forzan España e a todos os que deron a vida por ela é un deber de gratitude e un motivo de estímulo para continuar coa obra” de Franco. Aliás, critican “os permanentes ataques a persoa do xeneral Franco desde a súa morte”.