28 de decembro ou 1 de abril: Cal é o día para facer brincadeiras na Galiza?

'O día 1 de abril van os burros a onde non deben ir', reza a fraseoloxía galega (Foto: quendadetarde.blogspot.com)
En todo o mundo máis de 20 países conmemoran no 1 de abril o día das brincadeiras.

No Estado español celebran o 'Día dos Inocentes', un 28 de decembro que dá para brincadeiras, enganos, chuflas, e mesmo galas na televisión. No Estado español e América Latina é costume que nesa data haxa brincadeiras de todo tipo, mesmo nos medios de comunicación.

Porén, malia que poida semellar que o 28 de decembro se celebra en todo o mundo, é unha data restrinxida ao mundo da hispanidade. 

De feito, en países europeos como Alemaña, Reino Unido (April Fool´s Day), Portugal, Polonia, Italia, Austria, Finlandia ou Francia (Poisson d´avril), o 28 de decembro é simplemente un día máis do ano.

Na Galiza, este día que se podería comparar co 'Día dos inocentes' hispano, é o día 1 de abril.

'O un de abril van os burros onde non deben ir". Este refrán galego indica ás claras que a tradición de xogar aos enganos e facer bromas no primeiro de abril.

 

En todo o mundo máis de 20 países conmemoran no 1 de abril o día das brincadeiras.

Xa o dicía Otero Pedraio

En Historia de GalizaRamón Otero Pedraio sinala o 1 de abril como o día das brincadeiras e das trampas e recolle unha tradición que, malia esmorecer nas últimas décadas, aínda se mantén.