378 millóns de euros anuais para “patrocinar a precariedade” na sanidade galega

camassergas3

Nun cadro de persoal de 35.000 traballadores a cifra de eventuais é duns 7.000.

O goberno galego “patrocina a precariedade” na sanidade pública galega con 387 millóns de euros anuais. Así o denuncia o portavoz socialista de Sanidade No Parlamento galego, Julio Torrado, que censurou a situación laboral “nefasta” na sanidade pública pola xestión do goberno. Torrado afirmou que os responsábeis do goberno galego que “xeran dúbidas sobre a súa defensa da eficiencia do sistema” levando a precariedade a empregos estruturais da sanidade. Nun cadro de persoal de 35.000 empregados, lembrou, os sindicatos culaculan que os eventuais son por volta de 7.000.

 

Un persoal eventual que “acumula 270 contratos en 5 anos, dous nun mesmo día, avisos ás 8 da mañá para entrar a traballar a esa mesma hora, obrigados a resolver a súa vida persoal “en minutos”. Acusou a Consellería de impoñer un tratamento laboral que “bordea a explotación”. Neste sentido, dixo que actualmente o 80 por cento da enfermería está ‘estresada’ e o 50 por cento reflicte queime laboral.

 

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista reclamoulle á Consellería que utilice as partidas que destina a persoal precario para repetir a Oferta Pública de Emprego nos vindeiros anos “e recuperar os niveis de calidade e atención da sanidade pública”.