455 membros do persoal sanitario, contaxiados por coronavirus

Enfermeira

Até 455 profesionais sanitarias están contaxiados por coronavirus no Estado español, unha cifra "non desexábele" que agrava a sobrecarga dos hospitais, aínda que a gran maioría destas afectadas presenta un cadro "moi benigno".

Así o recoñeceu ao finalizar a reunión do comité técnico de xestión do coronavirus o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, quen garantiu que as profesionais sanitarias serán compensados polo gran esforzo que están a realizar na loita contra o avance da pandemia.