50 sombras de Grey, violencia e amor romántico

Un fotograma do filme

A trioloxía de E.L James combina amor e sexo nunha produción marcada pola violencia machista que non se arreda do ideal das clásicas comedias románticas. 

 

A historia entre Anastasia Steele e Christian Grey foi comercializada co impulso dunha forte campaña de márketing. Após vendérense millóns de exemplares da trioloxía e de acudiren millóns de persoas ás salas de cinema as críticas céntranse na historia narrada. Cales son os principais elementos da trama? Que trazos caracterizan as dúas personaxes protagonistas? Onde radica o seu éxito? Que mensaxes difunde? Que diferencia '50 sombras de Grey' das clásicas comedias románticas? Pervive na industria cultural o mito do amor romántico? Que consecuencias sociais ten?

Respondemos a estas e outras preguntas da man da investigadora da Universidade de Deusto Estíbaliz Linares autora do estudo '50 sombras dunha muller habitada' e de Coral Herrera, escritora feminista e autora do blogue Haikika na procura dunha análise en profundidade sobre os dous elementos centrais da trioloxía asinada por E. L. James: a violencia e o ideal do amor romántico. 

Mais, que hai do sexo? A historia de Anastasia Steele e Christian Grey foi comercializada baixo a etiquetaxe de 'porno para mamás'. Que representación da sexualidade traslada ao público? A directora de cinema erótico Erika Lust danos algunhas chaves. 

Podes ler a reportaxe completa no número 135 do semanario en papel. Xa á venda na nosa loxa e nos quiosques do país.