70% das galegas e galegos van traballar no seu coche particular

O transporte particular é a opción escollida por 70,5% da cidadanía. (Foto: Luxian)

Trátase dunha das cifras máis altas do Estado español, tan só superada  polo 71% das Illes Balears e Cantabria, o 72% de Murcia e o 71% da cidade autónoma de Melilla.

En pleno auxe das políticas a prol do uso do transporte colectivo para minimizar as emisións contaminantes, na Galiza aínda é o coche particular o que gaña no que atinxe á principal actividade cotiá das cidadás: ir traballar.

Segundo reflicte a enquisa de mobilidade cotiá realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), 70,5% da cidadanía galega aínda opta por utilizar o seu automóbil para trasladarse nos traxectos ao seu posto laboral ou centro de estudos.

Trátase dunha das cifras máis altas do Estado español, tan só superada  polo 71% das Illes Balears e Cantabria, o 72% de Murcia e o 71% da cidade autónoma de Melilla.

As diferenzas entre os diferentes territorios teñen como principal base tanto a distribución poboacional como as facilidades de transporte

Deste modo, das 997.382 empregadas e empregados que recolle a estatística, son 703.524 as que collen cada día o seu coche para ir ao seu posto de traballo. Mentres, o transporte público é a opción escollida por 92.469 persoas, 9,3%, mentres que camiñando van 151.136 (15,2%) e en transporte de empresa, 50.253 (5%).

As diferenzas entre os diferentes territorios teñen como principal base tanto a distribución poboacional como as facilidades de transporte, como demostra o caso galego, no que a dispersión dos núcleos cidadáns e unha oferta menor de transporte dende estos cara os principais polos de emprego fan que sexa o automóbil particular o que gañe a partida.

Pola contra, lugares como Catalunya (cun 57% de cidadás indo traballar en coche), Madrid (52%) ou Euskadi (55%) mostran o caso contrario ao da Galiza, xa que, en contrapartida son moitas máis as persoas que acoden aos centros de traballo no transporte público. En concreto, é o 21% das catalás e vascas e o 32% das madrileñas.