82% dos graos das universidades públicas galegas xa non admiten máis alumnado

Un estudante repasa antes de realizar as pobras de acceso á universidade, na terza feira 6 de xuño en Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Ao feche do quinto chamamento. 

Outro cinco graos universitarios galegos fecharon a admisión tras o quinto chamamento para matricularse que a Comisión Interuniversitaria da Galiza (CiUG) publicou esta segunda feira. Desta maneira, das 190 titulacións que haberá en total o próximo curso, 156 -82,1%- cubriron xa todas as prazas, con graos completos en todos os campus.

En concreto, completáronse na Universidade de Vigo o grao en Educación Infantil (5,962) e o grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (5,096).

Mentres, na Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou o grao en Historia da Arte (7,320), no campus da capital galega, e o grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (6,276), no campus de Lugo.

Tamén na Coruña completouse con este quinto chamamento o grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (5,000)

Prazos

Agora, o alumnado que fora convocado a matricularse terá de prazo desde esta terza feira 30 ás 00:01 até esta cuarta feira, 31 de xullo, ás 23:59 para formalizar a matrícula. Unicamente poderán facelo aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persona convocada en cada titulación.

Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. Para iso, deberá reconfirmar na plataforma 'Nerta' que desexa continuar na lista de espera.