INQUÉRITO SERMOS

90 por cento pensa que a Xunta non mudará a Lei de Saúde a pesar da mobilización social

A Quintana ateigada de manifestantes o pasado 4 de febreiro

960 das 1062 persoas que votaron na sondaxe de Sermos opinan que a Xunta dará amortecido o golpe da mobilización social grazas ao seu control dos meios.

1.062 persoas participaron no último inquérito de Sermos, en que se formulaba a cuestión de se a Xunta modificaría a Lei de Saúde após miles de persoas colapsaren Santiago na manifestación nacional en defensa da sanidade pública. 90 por cento pensan que non, opinan que o PP amortecerá o golpe grazas ao control que ten dos meios públicos e da grande maioría dos privados. Apenas 75 persoas -7 por cento das que votaron no inquérito- achan que a Xunta si recuará, sendo que o clamor contra a reforma foi masivo e o rexeitamento social nos territorios directamente afectadas é moi forte. 2,5 por cento afirma non ter unha opinión formada ao respeito.

 

Os últimos acontecimentos -o inicio da tramitación parlamentaria da Lei, co PP a rexeitar todas as emendas de devolución formuladas pola oposición- dan a razón á opinión maioritaria expresada neste inquérito.