Achado o corpo sen vida dunha persoa flotando no río Avia, en Leiro

Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)
Até o lugar desprazouse un equipo sanitario que só puido confirmar a morte dun home de entre 60 e 70 anos.

O corpo sen vida dunha persoa apareceu flotando esta cuarta feira no río Avia, na zona do camiño do Meixeiro, en Lebosende, parroquia do municipio de Leiro (O Ribeiro), segundo informou 112 Galiza.

Até o lugar desprazouse un equipo sanitario que só puido confirmar a morte dun home de entre 60 e 70 anos. Así mesmo, achegáronse axentes da Garda Civil e do servizo de Bombeiros do Carballiño e do GES de Ribadavia.