Achan o cadáver dun home nas inmediacións do ascensor Halo de Vigo

Ascensor Halo de Vigo. (Foto: Europa Press)
Polo de agora descoñécense as causas do falecemento.

O corpo sen vida dun home foi achado na mañá desta cuarta feira nas inmediacións do novo ascensor Halo de Vigo, segundo veñen de informar fontes da Policía Nacional.

Os feitos ocorreron contra as 10 horas de hoxe e, polo de agora, descoñécense os motivos do falecemento do home, polo que os axentes están aínda a investigar o sucedido. Con todo, as mesmas fontes explicaron que "nada apunta a que haxa indicios de criminalidade".