Acoitelada perto da Comisaría de Compostela polo seu ex-compañeiro

violencia machista

A.M.C, de 21 anos de idade, foi acoitelada esta segunda feira no aparcamento de San Clemente de Compostela, moi perto da Alameda e da Comisaría da Policía da capital galega. O presunto autor do ataque foi detido moi perto do lugar dos feitos cando tentaba fuxir en coche.

A moza foi ingresada no CHUS, na unidade de críticos con entre 15 e 20 coiteladas en diversas partes do corpo, como extremidades, abdome e cara. A rapaza, segundo fontes hospitalarias, atópase en estado grave mais estábel.