Activo na Galiza o plan de inundacións ante a suba do caudal e risco de desbordamento en cinco ríos

O desbordamento do río Tea provocou inundacións en Mondariz a semana pasada. (Foto: Europa Press)
Emerxencias recomenda aumentar a precaución.

A Xunta mantén activo o plan especial de risco por inundacións perante a suba de caudal de no mínimo cinco ríos:Lérez, Deva, Tea, Avia e Arnoia. Os servizos de emerxencias indican que hai cinco cursos que superaron o limiar establecido para o seu control, polo que existe risco de rebordamento., segundo informan na TVG.

Un deles é o Lérez, río que desemboca en Pontevedra.Están en situación similar o río Deva, en Salvaterra de Miño, e o Tea, en Mondariz, Ponteareas e Salvatera de Miño.

Tamén, teñen risco de desbordamento os ríos Avia, en Ribadavia, e Arnoia, en Baños de Molgas.

Os servizos de emerxencias trasladan a recomendación de aumentar a precaución ante a posible suba do caudal, en especial en zonas como pontes.