Advirten da aparición de bólas de fuel en varias praias galegas

O avión AS305 de Salvamento Marítimo -na foto, nunha imaxe de arquivo- sobrevoará a zona para intentar determinar a procedencia das bólas. (Foto: Salvamento Maítimo)

Salvamento Marítimo investiga a procedencia.

A organización 'Noia Limpa' denunciou a aparición de pequenas bólas de fuel en varias praias da Galiza, sobre todo no litoral da Mariña, no norte do país.

A través das súas redes sociais alertan de que as bólas "son difíciles de ver" e os bañistas están "a pisalas" e quédanselle pegadas nos pés.

"Onde mellor se ve é na liña de marea. Tede coidado e avisade os socorristas ou Salvamento Marítimo", detallou a organización. Ademais, pediu colaboración a cidadanía para poder facer un seguimento da situación.

Pola súa parte, fontes de Salvamento Marítimo consultadas por Europa Press, explicaron que se atopan "investigando a orixe" destas pequenas bólas detectadas na costa norte da Galiza.

Nun principio, parecen hidrocarburos "moi degradados de orixe indeterminada" e Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental.

"Ninguén en mar informou do avistamento", aseguraron as mesmas fontes. Con todo, o avión AS305 sobrevoará a zona e informará tras o operativo.