Agreden un veciño de Ferrol na súa casa tras chamarlles a atención por facer ruído na rúa

Hospial Arquitecto Marcide de Ferrol. (Foto: Sergas)

Aconteceu na madrugada desde domingo, na rúa Magdalena, e os agresores xa están identificados.

Un grupo de mozos agrediron un home, de 58 anos, no relanzo da súa vivenda en Ferrol tras chamarlles a atención polo ruído que estaban a facer na rúa.

Os feitos, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas pola axencia Europa Press, ocorreron sobre as 5.30 horas deste domingo na rúa Magdalena.

O home recriminou aos mozos polo bulicio que facían na vía pública e, tras un cruzamento de reproches, o grupo de mozos entrou no edificio para agredilo.

Até o lugar desprazáronse a Policía Local de Ferrol e a Policía Nacional, facéndose cargo estes últimos da investigación. O home foi trasladado polo persoal sanitario ao Hospital Arquitecto Marcide.

Agora os axentes tratan de localizar aos agresores, que xa están identificados.