Aínda fican 7 incendios activos alerta 2, perigosos para as persoas

5 en concellos ourensáns e 2 en municipios lugueses.

O pesadelo continúa e a esta hora aínda hai activos 7 lumes potencialmente perigosos para a vida humana e para as vivendas. Son:

 

-A Gudiña, Parada de Sil, Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Lobios (todos eles concellos ourensáns).

 

-Parroquias de Denís e Noceda (concello de Cervantes, nos Ancares).

 

Segunda feira ficaron por tanto desactivadas até 6 ameazas de alerta 2. Mais aínda fican activos ducias de fogos, sen que Medio Rural informase até agora do número total de hectáreas ardidas desde o sábado.