Aínda hai 15 incendios alerta 2, con perigo para as persoas

A situación está aínda lonxe de estar sob control. Neste momento aínda hai 15 fogos que poñen en risco a vida humana. Nas últimas horas deixaron de seren alerta 2 os lumes da parroquia de Anxeriz (Friol) e de Baíñas (Baiona).

A vaga de lumes continúa a devorar hectáreas arboladas e continúa a ser unha ameaza para moradas e habitantes de 15 concellos do país.

 

Ourense:

Están en situación alerta 2 os seguintes lumes: Parada de Sil (parroquia de Paradellas); Oseira (San Cristovo de Cea); Betán (Baños de Molgas); Chaveán (Chandrexa de Queixa); Cantoña (Paderne de Allariz); Araúxo, A Gudiña e Boborás (Lobios).

 

Pontevedra

 

Hai alerta 2 en catro concellos: Ponteareas (parroquia de Padróns); Salvaterra de Miño (Pesqueiras); As Neves (parroquia do mesmo nome); Nigrán (Parada).

 

Lugo

 

Dous fogos alerta 2 no concello de Cervantes, nos Ancares, en concreto nas parroquias de Denís e Noceda; e un lume en Monforte (Chavaga).