‘Aitor’ tinxe de alerta laranxa boa parte da Galiza e obriga a fechar parques e xardíns

Choiva en Compostela. (Foto: Europa Press)
O litoral galego estará en alerta amarela desde as 15.00 horas desta xornada por ventos do suroeste de forza sete.

A primeira borrasca do outono, 'Aitor', activa a alerta laranxa en diferentes puntos da Galiza e obriga a fechar parques e xardíns de varias cidades.

Así, o Concello da Coruña comunicou que pola alerta amarela por ventos, a partir das 15.00 horas desta cuarta feira os parques da cidade quedarán pechados .A previsión inicial, detallou o consistorio, é volver abrilos esta quinta feira, se as condicións climatolóxicas son favorábeis.

Tamén en Santiago, por condiciónelas meteoroloxías adversas, os parques permanecerán pechados desde as 12.00 horas até as 21.00 horas desta xornada.

En Lugo, a entrada aos parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela está prohibida e o Concello pide aos veciños que respecten as limitacións e eviten correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Ante as fortes choivas a Xunta recomenda circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas asolagadas e non aparcar na beira dos ríos.

Desta forma, o litoral galego estará en alerta amarela desde as 15.00 horas desta xornada por ventos do suroeste de forza sete.

Ademais, a Aemet activou o aviso laranxa por choivas e fortes ventos no interior da provincia de Pontevedra e no litoral atlántico. Pola súa parte, o resto da Galiza estará en alerta amarela por fortes ventos e precipitacións.