Alerta amarela na costa noroeste da Galiza por vento e ondas de máis de catro metros

Grandes ondas na costa da Coruña durante o paso do temporal 'Ciarán' (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
Segundo explica Meteogaliza, ao longo destas xornadas continuará esta situación inestábel debido a unha borrasca situada sobre Inglaterra.

A costa noroeste da Galiza está esta terza feira e até a vindeira cuarta feira baixo alerta amarela por vento de suroeste forza 7 e fenómenos costeiros, con ondas de máis de catro metros.

Segundo explica Meteogaliza, ao longo destas xornadas continuará esta situación inestábel debido a unha borrasca situada sobre Inglaterra.

Deixará mar combinado do oeste con ondas superiores aos catro metros entre Fisterra e Estaca de Bares, así como choivas intensas.

Precipitacións

Por iso, e respecto a este último punto, para esta terza feira actívase tamén a alerta amarela por choivas intensas no suroeste.

Entre as 03 e as 06 horas, prevén unha concentración de máis de 15 litros nunha hora.