Alerta por listeria nun queixo rulo de cabra de Lidl que se destribuiu na Galiza
19 de outubro de 2020 (20:38 h.)
A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición alerta dun lote de queixo rulo de cabra, elaborado en Países Baixos, comercializado desde Alemaña pola empresa Jermi, e que se vende exclusivamente en supermercados Lidl, por presenza de Listeria monocytogenes.
De todos os lotes e datas de caducidade do produto afectado, unicamente se distribuíu nos estabelecementos do Estado español o número 412 con data de caducidade de 6 de novembro de 2020.
Este queixo está a ser retirado da venda e a axencia recomenda ás persoas que poidan telo na casa que se absteñan de consumilo.
Segundo a información da axencia sanitaria, os produtos foron distribuídos a Andalucía, Catalunya, Euskadi, Galiza, Madrid, Murcia e a Comunitat Valencià.