Antón Losada: "#ArdeGalicia porque a Xunta preferiu aforrar uns euros antes que previr"

Antón Losada

Analista en distintos meios, colaborador do semanario Sermos Galiza, Antón Losada ceibou este domingo un chío moi crítico coa xestión da Xunta en materia de incendios. A rede continúa a ferver de indignación.

140 caracteres bastan ao politólogo Antón Losada, profesor da USC, para avaliar a catástrofe desta fin de semana.

 

As críticas de Losada foron agremente respondidas desde o PP, quen, como manda o guión de Monte Pío, lembrou o pasado gobernamental do analista [foi secretario xeral da Vicepresidencia de Igualdade durante o goberno de coligazón PSdeG-BNG]. O profesor de Políticas devolveu o ataque cunha réplica marca da casa: mais unha vez, o PP a procurar responsábeis onde non os hai.