Aparece aforcada na súa cela Rosario Porto, nai de Asunta
Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.
Funcionarios do cárcere de Brieva (Ávila) atoparon esta mañá morta na súa cela, colgada dun cinto de tea atado á xanela, a Rosario Porto, nai de Asunta Basterra, condenada a 18 anos polo asasinato da nena en Compostela, segundo informan diversos medios e axencias
Fontes penais indicaron a EFE que no reconto da mañá os funcionarios botaron en falta á reclusa e cando acudiron á súa cela atopárona aforcada.
Tras atopala, avisaron o 112 e os servizos de emerxencia practicáronlle manobras de reanimación, pero só puideron certificar a súa morte.
Rosario Porto, avogada, cumpría a pena polo asasinato da súa filla adoptiva e xa cumprira 7 anos en tres prisións -A Lama, Teixeiro e Brieva (Ávila)-.
Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.