Aparece o cadáver dun home no leito dun río en Fene

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
O corpo sen vida deste home atopábase nunha zona moi estreita, polo que tiveron que adentrase  quince metros até que lograron sacalo.

 O cadáver dun home foi rescatado a media mañá desta sexta feira no leito dun río situado na parroquia de Perlío, en Fene (comarca de Ferrolterra).

Segundo trasladaron profesionais do servizo de emerxencias a Europa Press o corpo sen vida deste home atopábase nunha zona moi estreita, polo que tiveron que adentrase  quince metros até que lograron sacalo.

A súa morte xa foi notificada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, que se trasladaron cunha ambulancia.

No lugar tamén acudiron axentes da Policía Local de Fene e Garda Civil, que se encarga de investigar o motivo deste falecemento.

Na zona onde se localizou este corpo inícianse esta sexta feira unhas festas, estando xa colocadas na zona un bo número de barracas e atraccións de feira.