Aparece o cadáver dun home no río Lagares, en Vigo

O río Lagares (Foto: Germán Rodal).
Fontes policiais precisaron que, ao terse coñecemento do achado, requiriuse a presenza da autoridade xudicial para o levantamento de cadáver e o seu posterior traslado ao Hospital Nicolás Pena.

Os servizos de Emerxencias rescataron nas últimas horas o cadáver dun home que se atopaba a beiras do río Lagares, no parque de Castrelos en Vigo, e que non presentaba signos de violencia.

Segundo informaron fontes do 112 Galiza e da Policía Nacional, os feitos ocorreron sobre as na noite desta quinta feira, cando se recibiu un aviso de Urxencias Sanitarias-061 pola presenza dun home inconsciente no parque.

Desde o CIAE informouse dos feitos á Policía Nacional e aos bombeiros de Vigo, cuxos efectivos colaboraron no rescate do corpo, que quedara nunha zona de pendente pronunciada e de difícil acceso na beira.

Levantamento do cadáver

Fontes policiais precisaron que, ao terse coñecemento do achado, requiriuse a presenza da autoridade xudicial para o levantamento de cadáver e o seu posterior traslado ao Hospital Nicolás Pena.

A falta da realización da autopsia, a Policía informou de que "non hai ningún signo" que indique que se tratou dunha morte violenta.