Aparece o corpo sen vida dunha muller de 78 anos desaparecida este sábado en Cambados

Axente da Garda Civil nunha imaxe de arquivo (Foto: Garda Civil).
O corpo apareceu nunha horta, na zona de Corvillón.

O 112 da Galiza informou de que se localizou o corpo da muller de 78 anos desaparecida o sábado no municipio de Cambados (O Salnés). Segundo explica, recibiron o aviso pouco antes das 8 horas desta segunda feira. O corpo apareceu nunha horta, na zona de Corvillón. Foi a Garda Civil a que confirmou que se trataba da persoa desaparecida desde o sábado na mesma localidade.