Arden por completo dous buses en Vigo e estúdase se puido ser algo intencionado

Autobuses de Vitrasa (Foto: Nós Diario).
Os feitos producíronse ao redor das 22.45 horas do domingo e do suceso alertou un particular, que explicou que ardía un bus urbano na rúa Urzaiz.

Dous autobuses arderon na súa totalidade en Vigo sen causar feridos, segundo informa o servizo de emerxencias 112-GalIza no seu parte de incidencias.

Os feitos producíronse ao redor das 22.45 horas do domingo e do suceso alertou un particular, que explicou que ardía un bus urbano na rúa Urzaiz.

Sen xente

Ao mesmo tempo, aseguraba que non había xente no interior dos vehículos, polo que non había persoas afectadas. Aínda así, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 enviou unha ambulancia ao momento.

Até o lugar do primeiro incendios, tamén se achegaron, tras ser informados, os Bombeiros da cidade, que procederon á extinción do fogo, e os axentes da Policía Nacional e Local.

Intencionado?

Fontes da policía investiga se estes incendios puideron ser provocados. As mesmas fontes explicaron que, de acordo cos primeiros indicios, puideron ser provocados por unha persoa que non se puido identificar. Tamén dixeron que no momento en que se tivo constancia do primeiro fogo na parte traseira do vehículo procedeuse á evacuación das persoas.