Arden cinco camións na empresa do servizo de recollida de lixo na Coruña

Operativo de recollida de lixo na Coruña, nunha imaxe de arquivo. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

Foi un traballador do taller o que deu o aviso ao persoal da oficina.

Varios camións arderon en Prezero, a empresa do servizo de recollida de lixo na Coruña, segundo informaron á axencia Europa Press os bombeiros e o servizo de emerxencias 112-Galiza.

Neste último recibiuse un aviso sobre as 16.15 horas alertando un particular de que ardían catro camións. Posteriormente, recibiuse a chamada doutras persoas avisando do incendio nos vehículos.

Ao lugar, situado na rúa Severo Ochoa, desprazáronse os bombeiros da Coruña, que aínda traballan na extinción do lume, así como efectivos policiais.

Fuentes consultadas por Europa Press cifraron en cinco os camións afectados e que foi o traballador do taller o que deu aviso ao persoal da oficina.

Estes feitos prodúcense despois de que hai unhas semanas tivese lugar o fin da folga de lixo convocada polo comité, liderado polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), e que obrigou ao consistorio herculino a declarar a emerxencia sanitaria.