Unidade das universidades galegas para denunciar a “ideoloxía de minorizar o público” da Xunta
As universidades de Santiago, Compostela e Vigo rexeitan a rebaixa salarial, os recortes en becas e investigación e reivindican a “unidade de actuación” das tres institucións
res universidades galegas emitiron un comunicado conxunto no que rexeitan de forma enérxica a rebaixa salarial “imposta pola Xunta” e que supón, afirman “un novo ataque aos traballadores públicos de Galiza”. Ataque, engaden, que ven engadirse “aos xa realizados polos gobernos, do Estado e autonómico, nos últimos anos”.
Tamén manifestan as universidades galegas que tras estes “ataques”, hai unha “base ideolóxica que persigue a minorización do público en beneficio doutras iniciativas”.
Castigo aos máis febles
Así, entenden que o recorte en salarios, a paralización das convocatorias de emprego ou a campaña “de considerar aos traballadores públicos como privilexiados” son só un chanzo máis “no desprestixio do público”.
Denuncian no comunicado que, aliás, no que atinxe ás universidades, a isto hai que engadir os recortes en investigación e á aplicación indiscriminada de normas e leis orzamentarias que “mesmo dificultan a captación de recursos externos”. “E o alumnado, particularmente aquel con menos recursos económicos, a parte máis feble da comunidade universitaria, sufre a diminución de becas”.
Por iso, as tres universidades de Galicia consideran “necesario” facer “visíbel” a súa “unidade de acción” no rexeitamento a estas medidas.