Asasina en Zaragoza a súa muller e a súa nai e posteriormente suicídase

Primeiro degolou a súa nai e despois acoitelou a súa muller, Dolores, de 68 anos de idade. Acto seguido, suicidouse guindándose pola xanela desde un cuarto andar. Foi esta quinta feira en Zaragoza, no barrio de Casablanca.

 

A veciñanza apuntou que tanto o suposto asasino como a súa muller eran médicos e tiñan dúas fillas. Varias testemuñas sinalan que na porta da vivenda onde tivo lugar o asasinato machista había un cartaz que poñía: “Avisen a policía” e as chaves estaban na porta.

 

O Concello de Zaragoza decretou 24 horas de loito.