A A.C. Francisco Lanza de Ribadeo repartirá caraveis e marcapáxinas no Día das Letras Galegas

Lois Pérez, na última edición do ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña

Como cada 17 de maio, a agrupación cultural ribadense agasallará cun caravel e un marcapáxinas de María Victoria Moreno a todas as persoas que este Día das Letras Galegas merquen un libro en galego.

A Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas cun acto simbólico dirixido ás persoas que no día da lingua merquen libros en galego. A agrupación repartirá, a través das librarías, caraveis e marcapáxinas, que contarán cun lema de María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano, así como cunha fotografía de Toni Deaño.

 

Amais destes agasallos e dentro das actividades arredor do Día das Letras Galegas, a agrupación organizou este sábado 12 de maio ás 20:30h no Teatro de Ribadeo a presentación de Long Play, o último libro de poemas de Lois Pérez, polifacético artista do barrio da Piringalla (Lugo) en cuxa obra conflúen trazos da poesía clásica, a banda deseñada, o humor e a música.