Atopan morta unha muller nun río en Marín

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Os bombeiros tiveron que rescatar o corpo non tanto pola profundidade, senón tamén pola dificultade de acceso da zona.

O corpo sen vida dunha muller foi atopado a mañá desta segund afeira no río Lameira, no concello de Marín, comarca do Morrazo. Ao parecer, morrería afogada tras caer á auga.

Así o confirman a Europa Press fontes do 112 e do 061-Urxencias Sanitarias, despois de que un particular chamase ás 9:00 horas da mañá para informar do ocorrido.

Foi na rúa do Souto de Marín. Tras o aviso, mobilizáronse aPolicía Nacional, a Local, os bombeiros do Morrazo, Protección Civil de Marín e os servizos do 061.

Os bombeiros tiveron que rescatar o corpo non tanto pola profundidade, senón tamén pola dificultade de acceso da zona. Ademais, até o punto acudiu un médico que só puido confirmar o seu falecemento.

Polo momento, as forzas de seguridade traballan na investigación para esclarecer as circunstancias deste suceso.