Atopan á beira dun río o corpo sen vida dun home que desapareceu o sábado en Sarria

Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
Estaba fóra da auga, ao fondo dun barranco.

O corpo sen vida dun home que desaparecera o sábado foi atopado a última hora da tarde do domingo nunha zona de difícil acceso xunto a un río en Sarria (comarca de Sarria).

En concreto, segundo informa o 112 Galiza, o cadáver apareceu no lugar de Arxevide, en Cesar. Ao parecer, o home caeu por un desnivel e acabou á beira do río.

Por este motivo, a Garda Civil, que se fixo cargo do operativo de procura, solicitou a colaboración dos bombeiros para rescatar o corpo e trasladalo a un punto accesible para os servizos de emerxencias.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Sarria, que se encargaron das tarefas de rescate.