Atopan o cadáver dun home nun pozo en Coles

Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).
Fontes do operativo explicaron que se trata dun home de avanzada idade e que neste momento está a tratarse de recuperar o corpo do pozo.

Un home foi achado morto na tarde desta quinta feira nun pozo situado no lugar de Outeiro, no municipio de Coles (comarca de Ourense). Fontes do operativo explicaron que se trata dun home de avanzada idade e que neste momento está a tratarse de recuperar o corpo do pozo.

Até o punto acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias da Galiza 061, a Garda Civil, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Pereiro de Aguiar e efectivos de Protección Civil de Coles. Segundo informou a Garda Civil, trátase dun home de 93 anos que foi achado polo seu fillo nun pozo situado nunha adega.

Esta mesma quinta feira iniciouse unha investigación para esclarecer o ocorrido, pero sinala que non se aprecian signos de criminalidade e que as primeiras hipóteses apuntan a un accidente.