As aulas fechadas pola Covid achéganse a 200 e a cifra de contaxios abeira os 4.000
Os centros fechados na Galiza son nove, tres deles na área sanitaria de Lugo
A día de hoxe hai 3.952 contaxios de coronavirus entre docentes e alumnado nos centros educativos e escolas infantís da Galiza. O número de aulas fechas abeira xa as 200 (son 198) e hai 8 colexios clausurados como consecuencia do virus.
A área sanitaria con máis número de contaxios é a da Coruña, con 1044 e 42 aulas fechadas. Porén, nesta área non hai ningún colexio que tivese que botar o fecho polo virus.
Aquí podes consultar centro a centro a situación da Covid en todas as áreas sanitarias da Galiza.
Onde si tiveron que fechar, e 3, é na área sanitaria de Lugo: a E.I de Viveiro, a PAI de Taboada e a PSI de Friol. Hai nesta ñarea 374 casos de Covid e 9 aulas fechadas.
Na de Vigo son 731 os contaxios, 61 as aulas fechadas e 1 centro clausurado (E.I Cáritas Tui). Tamén hai un centro fechado en Pontevedra (EUI de Forcarei), onde as aulas que fecharon son 20 e os casos 520.
Hai 449 casos de Covi entre docentes e alumnado na área sanitaria de Santiago, con 19 aulas fechadas e un centro fechado (EI Praia Xardín, en Boiro), 303 casos, 20 aulas e 1 colexio ficado na de Ferrol (E.I Jorge Juan) e 422 casos, 1 aula clausurada (CEEE Miño) e 27 aulas sen abrir na de Ourense