Aumentan a 2.452 os casos activos de Covid-19

Realizáronse até o momento 305.847 probas PCR (Imaxe: Europa Press).

Os casos activos de Covid-19 na Galiza aumentaron, segundo fontes oficiais do Sergas, en 146 nas últimas horas. Chegan, así, até os 2.452.

A Consellaría de Sanidade vén de informar dos casos activos de Covid-19 na Galiza, que se incrementaron en 146 desde onte, até chegar aos 2.452.

Na área sanitaria da Coruña, a máis afectada, os casos activos son 1.236 (29 máis que onte), seguida de Lugo, con 321 casos (17 máis que onte) e a de Compostela, con 274 (62 máis).

Na de Ourense notificáronse 212 casos (9 máis); outros 155 na de Vigo (1 máis); 141 na de Pontevedra (21 máis) e 113 na de Ferrol (7 máis).

Sanidade tamén deu conta do aumento de pacientes hospitalizados, que pasa de 76 a 82. Deles, o número de afectados que se atopan ingresados en UCI subiu a 12 (2 más) e tamén aumentou o número de casos en unidades de hospitalización, pasando de 66 a 70.

Desde o inicio da pandemia, morreron con Covid-19 na Galiza 633 persoas, das que case o 44%, 278 persoas, sempre segundo cifras da Xunta (as plataformas de familiares de residentes sinalan que son máis e denuncian falta de transparencia na información que fornece a Consellaría de Política Social), eran usuarias de centros residenciais. Destes últimos, 134 faleceron dentro dos propios centros xeriátricos.

Por outra parte, realizáronse até o momento 305.847 probas PCR (máis de 3.000 nas últimas horas) e curaron 11.956 persoas, o que supón 67 novas altas epidemiolóxicas desde o domingo.