Avistan baleas na Costa da Vela durante un traxecto ás Illas Cíes

Unha das baleas avistadas na Costa da Vela (Foto: Torres y Carrera).
Os cetáceos foron vistos durante unha viaxe ás Illas Cíes desde Sanxenxo e Portonovo.

A tripulación de Mar de Ons avistou baleas na Costa da Vela, durante o traxecto ás Illas Cíes e á Illa de Ons.

En concreto explica que os membros da tripulación as viron cando realizaban a viaxe ás Illas Cíes desde Sanxenxo e Portonovo.

"Este singular avistamento, como é habitual nestes casos, foi posto en coñecemento da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños".

“Rexistrar os movementos”

Respecto diso,a tripulación indica que este aviso se lles comunica "para que poidan ter constancia e rexistrar os movementos destes cetáceos".