O Barco rexistra un foco con catro positivos, dous deles nenos

O Concello do Barco de Valdeorras rexistra un foco de coronavirus con catro positivos dunha mesma familia, dous deles nenos.

Segundo informa a área sanitaria de Ourense, o pasado 18 de agosto detectáronse dous positivos dunha mesma familia dun home de 45 anos e unha muller de 40 anos.

Ambos os dous presentaban unha sintomatoloxía leve.

Desde ese momento atópanse en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde.

O seguimento dos seus contactos indicou esta quinta feira dous novos casos positivos na súa familia tras realizarlles probas PCR. Son dous nenos que actualmente non teñen síntomas e tamén están en illamento domiciliario.