BDS Vigo convoca unha concentración en Vigo en apoio aos xornalistas asasinados en Palestina

O xornalista de 'Al Jazeera' Wael Al-Dahdouh chora pola morte das súas tres crianzas, esta quinta feira, na cidade gazatí de Dair El-Balah. (Foto: Omar Ashtawy / Zuma Press)
“O Estado de Israel está a asasinar xornalistas para tentar evitar que os seus crimes saian á luz”, aseveran desde BDS.

“O brutal xenocidio desatado polo Estado de Israel, está a supor o asasinato de xornalistas, mais de 105 a día de hoxe, a unha escala nunca vista en ningún conflito”.

Así o indican desde o movemento Boicot, Desenventimentos e Sancións (BDS) en Vigo.

Por iso desde BDS, queren animar a visibilizar e denunciar esta “barbarie e o masacre de civís participando nunha concentración diante do Marco de Vigo a segunda feira día 8 ás 20 horas”.

Labor “Imprescindíbel”

“O Estado de Israel está a asasinar xornalistas para tentar evitar que os seus crimes saian á luz”, aseveran desde BDS ao tempo que indican que “a solidariedade cos que informan deste masacre sobre o terreo e co pobo palestino en xeral é imprescindíbel para rematar coa impunidade do colonialismo israelí”.