O BNG quere "impedir" que o buque ruso 'Sevmorput' navegue pola costa galega

O Sevmorput. (Foto: Vadebarcos)
A deputada nacionalista Rosana Pérez rexistrou iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a que tome medidas para presionar ao Goberno estatal e evitar que esta embarcación de propulsión nuclear se achegue ao corredor de Fisterra nos próximos días, cunha alerta de fortes ventos.

A deputada do BNG Rosana Pérez rexistrou iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a que demande ao Gobierno estatal para que inicie "as accións necesarias" para "evitar" que o buque ruso de propulsión nuclear 'Sevmorput' navegue polas costas galegas.

O barco atópase avariado desde hai varias semanas preto das costas de Canarias, e podería supor unha ameaza no seu viaxe de retorno, pois leva a bordo un reactor de fisión nuclear KLT-40 cunha potencia de 135MW, alimentado con uranio 235.

A través dun comunicado, a formación nacionalista advirte do "grave risco" que pode ocasionar esta embarcación, que ten previsto "achegarse nos próximos días ao corredor de Fisterra" cunha alerta por fortes ventos, ondas de até cinco metros e "dificultades de navegación".

Pérez recorda que as nosas costas acumularon nos últimos años "innumerábeis e graves" accidentes marítimos e que, a pesar disto, o Gobierno "continúa sen tomar medidas".

Además, Pérez ve "imprescindíbel” que a Mariña Mercante faga unha "monitorización continua" sobre a situación do buque, a súa localización exacta e a evolución da avaría "en tempo real", xa que considera que "non debe acceder ás augas das costas galegas nin empregar as rías como porto de refuxio ".