O BOE oficializa a prórroga do estado de alarma até o 26 de abril

O presidente do Goberno español e líder do PSOE, Pedro Sánchez (Foto: Europa Press)

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o real decreto polo que se prorroga o estado de alarma até as cero horas do 26 de abril, aprobado onte polo Consello de Ministros tras a luz verde do Congreso dos Deputados.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o real decreto polo que se prorroga o estado de alarma até as cero horas do 26 de abril, aprobado onte polo Consello de Ministros tras a luz verde do Congreso dos Deputados.

O texto argumenta que “esta segunda prórroga constitúe unha medida indispensábel" para tratar de garantir que os pacientes que requiran de hospitalización, ingreso nas unidades de coidados intensivos ou ventilación mecánica "non superen o limiar que impediría proporcionar a adecuada calidade asistencial en función dos recursos actualmente dispoñibles".

"Mentres siga existindo transmisión, unha volta á normalidade podería implicar o inicio de novas cadeas de transmisión e un retroceso nos esforzos por controlar esta epidemia, o que ademais podería minguar a confianza dos cidadáns", engade o texto.

Deste xeito, sostén que as análises realizadas a partir dos datos proporcionados pola Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica e a súa modelización "permiten concluír que unha segunda prórroga contribuirá a reforzar de forma decisiva en todo o territorio á contención da propagación da enfermidade para salvar vidas, evitar a saturación dos servizos sanitarios e manter posibles rebrotes en niveis asumibles polo sistema sanitario".

Como se mencionaba, a nova prórroga estenderase até as 0 horas do día 26 de abril "para conseguir afianzar a evolución favorábel detectada en canto aos datos de transmisión, número de hospitalizacións, ingresos nas unidades de coidados intensivos ou decesos, co que poderá exporse un escenario no que poidan ir eliminándose progresivamente as medidas de contención", sostén o real decreto.