Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca o condutor dun autobús urbano

Autobús urbano da Coruña, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Concello da Coruña)

Os feitos aconteceron a última hora da tarde da sexta feira.

A Policía Local e a Nacional da Coruña buscan un home como presunto autor dunha agresión con arma branca ao condutor dun autobús urbano na Marina.

Segundo fontes policiais consultadas pola axencia Europa Press, o suceso produciuse sobre as 21.30 horas da sexta feira cando un home, que se atopaba na rúa, agrediu o condutor a través da ventá do vehículo.

A vítima, que resultou ferida nunha man, xa interpuxo unha denuncia por estes feitos.