Buscan unha menor que falta do seu domicilio en Coristanco desde o día 3

Trátase de Nerea Pombo Linares, unha moza de 1,55 de estatura, complexión delgada, ollos castaños e que vestía chaqueta de raias verdes e negras.

SOS Desaparecidos solicitou axuda para localizar unha moza de 17 anos que falta do seu domicilio desde o pasado 3 de febreiro en Coristanco (comarca de Bergantiños).

Trátase de Nerea Pombo Linares, unha moza de 1,55 de estatura, complexión delgada, ollos castaños e que vestía chaqueta de raias verdes e negras.

Para axudar a súa localización, SOS Desaparecidos facilitou os números de teléfono 649 952 957 e 644 712 806, ademais do mail info@sosdesaparecidos.es.

Por outra parte, un home resultou ferido esta terza feira caer co seu vehículo por un terraplén na localidade de Vilamartín de Valdeorras, comarca de Valdeorras.

Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso tivo lugar pouco antes das 9 horas. Foi un particular o que deu a voz de alarma tras escoitar a un home que pedía axuda tras caer por un desnivel co seu vehículo na parroquia de San Víctor.