Cales foron os nomes máis empregados na Galiza en 2021?

A man dunha crianza, nunha imaxe de arquivo. (Foto: IVI / Europa Press)
Roi é o único nome masculino galego que está entre os 10 máis postos o ano pasado.

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta cuarta feira, os nomes de Sofía (170 veces) e Mateo (276 ocasións) mantéñense en 2021 na Galiza como os máis frecuentes para as crianzas neonatas.

En segundo posto, tamén se mantén, ao igual que o ano pasado, os nomes de Noa e Martín.

De tal forma, entre os 10 primeiros nomes máis postos aos 7.579 nenos nados na Galiza mantéñense oito respecto a 2021: Mateo (1º), Martín (2º), Hugo (sobe a 3º posto), Leo (sobe a 4º), Lucas (cae a 5º),  Enzo (6º), Manuel (sobe a 7º) e  Gael (baixa a 9º).

Roi, único nome galego no 'Top 10'

Entran na lista Roi, único nome galego, na oitava posición, así como Álex (10º). Pola súa parte, saen do 'top 10' Daniel e Brais.

Tamén se manteñen oito dos dez nomes máis postos entre as 7.205 nenas nadas en 2021: Sofía (1ª), Noa (2ª),  Martina (3ª), Lara (4ª), Valeria (5ª), Daniela (sobe a 6ª), Sara (8ª) Lucía (baixa a 10ª).

Entre as novidades das dez primeiras, entran os nomes de Olivia (7ª) e Mía (9ª). En cambio, saen desa clasificación tanto Vega como Vera.

Lucía e Martina e Martín e Hugo son os nomes máis frecuentes nos neonatos en 2021 no conxunto do Estado, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.