MAPA

Cantos días choveu no teu concello o ano pasado?

Días con e sen chuvia en 2023. (Autor: Luís Fernández)
Número de días chuviosos que houbo ao longo do pasado 2023 e onde.

Para os galegos e galegas a chuvia é un elemento fundamental da nosa climatoloxía. Porén, non chove coa mesma regularidade nos máis de 300 concellos que hai na Galiza. Cantos días de chuvia, e cantos días sen chuvia, tivo cada concello o ano pasado?

Días de chuvia

En xeral, hai unha diferenza considerábel entre os concellos do sur e os do norte da Galiza. No mapa obsérvase como os concellos correspondentes ás comarcas do sureste son as que menos días de chuvia rexistraron o pasado 2023, a gran maioría non pasou dos 132 días chuviosos, menos da metade do ano enteiro. O concello no que menos días de chuvia houbo foi Vilardevós, na comarca de Verín, o cal tivo unicamente 120 días de chuvia.

No norte, e concretamente nas comarcas do Eume e Ferrol, foron onde se acumularon as chuvias do pasado ano. Sendo A Capela (Eume), o concello onde máis choveu rexistrando 250 días chuviosos.

Días sen chuvia

En canto aos días sen chuvia, o resultado é o antónimo do anterior. Os concellos dos sur da Galiza, e concretamente as do interior son ás que menos días de chuvia rexistraron, sendo Vilardevós (Val de Verín) o concello con menos días de chuvia con 245.

Pola contra, no norte é onde menos días sen chuvia se rexistraron, sendo o concello da Capela onde máis presente estivo a chuvia, ausentándose só 115 días.

Onde choveu máis da metade do ano?

Así e todo, non son tantos os concellos nos que choveu máis da metade do pasado ano. Chama a atención o concello da Pobra do Brollón, situado no interior do pais, na comarca de Terra de Lemos.

Na fachada oeste, os concellos de Cuntis (Caldas), A Estrada (Tabeirós) e Caldas de Reis (Caldas) tamén superarían a maioría de días chuviosos. Ao norte destes concellos, cara a costa os concellos de Laxe (Bergantiños), Vimianzo (Terra de Soneira), Mazaricos (Xallas), Negreira (A Barcala), A Baña (A Barcala), Val do Ubra (Santiago), Tordoia (Ordés), Coristanco (Bergantiños) e Zas (Terra de Soneira) entrarían nesta clasificación. Cara ao interior, tamén se incluirían os concellos de Boimorto (Arzúa), Vilasantar (Mariñas), Curtis (Mariñas), Sobrado (Melide) e Friol (Lugo).

Nas comarcas de Ferrol e do Eume acumúlanse tamén varios concellos onde choveu máis da metade do ano. No norte galego, nos concellos de Ortigueira, Mañón (Ortegal), O Vicedo, Viveiro, Ourol, Xove (A Mariña Occidental), , e os concellos de Muras e Abadín (Terra Chá), tamén houbo máis días con chuvia que sen chuvia.