Os casos activos de coronavirus na Galiza baixan até 311

Unha muller en Santiago, protexida con luvas e máscara (Arxina)

Un total de 10.590 pacientes xa están curados.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 311, 22 menos ca onte.

Deles, 81 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 307 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.590 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 171.518.

Residencias de anciás

Nas residencias de anciás hai 5 contaxiadas, das que 4 son usuarias e 1 traballadora.

O número de falecementos mantense en 274.