Os casos activos de coronavirus na Galiza sitúanse en 1.171

(Europa Press)

O número de persoas curadas é de 9.204 e de falecementos, 607.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.171, un descenso de 28 a respecto dos dados do domingo.

Por áreas sanitarias, deses 1.171 casos 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI (1 menos ca onte), 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio.

Polo de agora, na Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 126.758.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 280 casos activos, dos que 164 son de persoas usuarias mentres que 116 son de traballadoras e traballadores.

No que atinxe a falecementos, mantense en 270: 132 en residencias e 138 en hospitais e residencias integradas.