Os casos activos de Covid continúan a aumentar na Galiza

Centro Hospitalario Universitario da Coruña (Cedida)

Son 196, dezaseis máis ca onte.

Os casos activos de coronavirus aumentaron nestas horas en catro áreas sanitarias da Galiza: A Coruña, Vigo, Pontevedra e Ourense, sumando un total de 196, o que supón 16 máis ca os rexistrados esta sexta feira.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, este sábado, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 196.

Deles 52 son da área da Coruña (9 máis), 80 da de Lugo, 6 da de Ourense (2 máis), 15 da de Pontevedra (4 máis), 32 da área de Vigo (1 máis), 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 10 en unidades de hospitalización e 185 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.211 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 241.712.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.