Catro rapaces rouban o coche de Paco Vázquez e emprégano para realizar 20 roubos

Francisco Vázquez, nunha foto de artquivo. (Foto: Europa Press)

Empregaron o vehículo para percorrer a Galiza.

Catro rapaces, de entre 15 e 20 anos de idade, roubaron nun taller de Sada (comarca da Coruña) o coche do ax alcalde coruñés Francisco Vázquez e empregárono para comerter ao redor de 20 roubos en diferenets zonas da Galiza.

Segundo o G24 da CRTVG, durante 15 días este grupo de rapaces percorreu a Galiza co vehículo, “roubando por talleres, bares e tendas de toda a Galiza”.

Nunha gasolineira da zona de Sarria “viron uns rapaces cun Mercedes e chamaron a policía”, di a canle pública galega.

O vehículo, “finalmente foi interpetado en Ordes”, se ben dous dos rapaces lograron fuxir.